COMPRARARTEMOLA

O proxecto

O que pasa coa arte
despois de comprala

Unha obra non remata na exposición. Continúa nas casas, nas relacións e nas historias de quen a escolle.

Persoas descubrindo obras nun encontro arredor da arte

Facer visible o que queda fóra dos focos

Comprar Arte Mola abre unha xanela á vida das obras nas coleccións particulares. Non é un catálogo de venda: son as persoas coleccionistas quen comparten a súa relación con cada peza.

Recoñecer a quen sostén a creación

Mercar unha obra apoia a quen a crea e aos espazos que a achegan ao público. Queremos dar visibilidade a esa participación na cultura, máis alá do prezo ou do tamaño dunha colección.

Todas as coleccións contan

Unha primeira compra, unha edición, un agasallo ou anos reunindo pezas. Non buscamos competir por quen ten máis, senón descubrir distintas maneiras de convivir coa arte.

Ourense · Estudios Abertos

De Estudios Abertos ás casas

O proxecto nace en Ourense, como derivada de Estudios Abertos: se alí entramos nos lugares onde se crea a arte, aquí coñecemos as vidas que comeza despois. Esa é a ligazón; Comprar Arte Mola ten o seu propio espazo e a súa propia comunidade.

Coñecer Estudios Abertos
Explorar obras